Pedagoxía Terapéutica

DESPEDIDA


Ola rapaces e rapazas!, hoxe toca día de despedida, unha despedida moi diferente as outras ao igual que o curso que se acaba.
Antes de nada gustaríame pedir perdón polos erros cometidos neste curso, que de seguro foron algúns (algún día malhumorada, algún día de media sonrisa, algún día de pouca paciencia..), pero destes erros sairán novos aprendizaxes e conseguirei reforzarme como mestra.
Seguidamente quero felicitarvos a todos e todas, porque ante este curso tan diferente e difícil, estou segura de que todos vós fíxeche des grandes esforzos por estar conectados e por non perder os lazos coa escola. Pode, que a causa do COVID-19, non se traballaran algúns obxectivos académicos, pero o que de seguro trabállache des todos estes días son obxectivos que vos van a servir para toda a vosa VIDA: A solidariedade cos que estiveron traballando durante a pandemia, o respecto para todo o persoal sanitario que nos axudou, a responsabilidade de estar na casa encerrados un montón de días para que todo pasará. Por todo iso, e seguro algunhas cousas máis, sodes @s mellores, un pracer desfrutar un curso con vós.
Xa so me queda dicirvos adeus, desfrutade moito do verán pero non vos esquezades do aprendido e sobre todo seguide sendo moi responsables para que o "bicho" non volva outra vez con forza.
Ah!, ademais das recomendación dos mestres, eu tamén deixo aquí as miñas. As máis importantes son: se FELIZ, SORRI, COMPARTE, SENTE, E VIVE  todo o bonito que esta por vir. Unha aperta enorme para tod@s e millóns de bicos. 


Diana
                       RECOMENDACIÓNS




5 DE XUÑO "DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE"
Se queres compartir o teu traballo envía a PTaflorida2020@gmail.com


Axúdate deste esquema para resolver problemas matemáticos. Xa verás que sinxelo!!!



Como saber que operación hay que facer?




Día da familia, 15 de mayo

Un puñado de botones




  Y tú, ¿quieres decirnos cómo es tu familia?
Aquí te damos unas cuantas ideas para que nos muestres cómo es tu familia Haz click en la imagen.




Ola, como xa sabedes, este ano o proxecto do cole é "Maxia e ciencia". Dende a aula de PT, invítovos a facer maxia, pero antes tedes que axudarme a resolver un misterio, apúntaste?




Hoxe os nenos e nenas tedes unha saída moi especial, aquí vos deixo un vídeo onde explica como facelo moi ben. Desfrutade de esa horiña

Una salida especial from Beatriz Costo on Vimeo.



Esta semana é a semana do Día do libro, o día grande será o día 23 de abril, pero para comezar déixovos unha curtametraxe que nos fai pensar o importante que son os libros e a lectura.







Bos días, xa estamos de volta para comezar este novo trimestre con enerxía e ganas, espero que todose todas vós e as vosas familias esteades moi ben. Sodes moi grandes a pesar de seres uns nenos e nenas e estades a facelo xenial. Noraboa.

Despois do saúdo, deixovos por aquí dous xogos manipulativos (tedes que imprimilos), un para repasar as clases de palabras e outro para repasar as horas, espero que vos gusten e vos axuden. 


Xogamos coas clases de palabras: sustantivos, adxectivos e determinantes




Xogamos coas horas e os reloxos




Ola rapaces  e rapazas, póñovos aquí uns xogos nos que practicaremos lingua e mate, están separados por ciclos, espero que vos sirva de axuda, e se queredes máis podedes buscar en aulavedoque.com

1º CICLO (1º E 2º)
Fai clic na imaxe para comezar a xogar.

LENGUA

                  

MATE







2º CICLO (3º E 4º)
Fai clic na imaxe para comezar a xogar.

LENGUA


MATE

                         


3º CICLO (5º E 6º)
Fai clic na imaxe para comezar a xogar.

LENGUA




MATE


                     


Aquí vos deixo tres caderniños para traballar a atención e memoria, un de sopa de letras e otro para colorear mandalas. Os tres cadernos cognitivos  van dirixido a 6º de EI e 1º e 2º de EP, . Espero vos sexan divertidos e vos sirva de axuda. Unha aperta e moito ánimo campións.




   

Hola, aínda non sabendo se todos/as tedes acceso a toda a información, documentación e actividades que estamos deixando nos distintos bloges da escola. Déixovos agora un enlace no que atoparedes distintos recursos esducativos. É un webmix que está dividido en 5 bloques: 
  • O Bloque rosa son uns videos para traballar a linguaxe a través de distintos xogos, van orientados a EI e 1º Ciclo de EP.
  • O Bloque vermello son distintas webs e blogs educativos dos cales podedes descargar material para traballar distintas áreas educativas de todas a etapas.
  • O Bloque azul son xogos educativos dirixidos a todas as etapas educativas.
  • O Bloque verde son manualidades e papiroflexia , tamén para todas as etapas educativas.
  • O Bloque amarelo son 8 cancións que neste tempo de dificultade, intentan transmitir enerxía positiva a todos. Este é o enlace. (deben premer nel, non na imaxe). Espero vos sirva de axuda.




 

Podedes atopar moitas máis en: 
https://imprimemandalas.com/



ELENA EN CUARENTENA


FUNCIÓNS EXECUTIVAS


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.